23/01/12

Frescura e humor con toque naïf.

Unha vez máis alucinamos cas creacións da firma francesa Derriere la Porte, que dende a súa fundación hai máis de 18 anos, polo empresario e creativo Thierry Auffret, ten editado todo tipo de productos para a casa e de uso persoal.


O primeiro que sacaron foi un felpudo con forma de gato, esto, agora parece pouco orixinal incluso vulgar e dos chinos, hai 18 anos non formaba parte do habitual xa que o mercado estaba cheo de clasiquísimos felpudos estilo casa de Jose Luis Moreno .

Básculas dixitais para alimentos, por 33.50€, na nosa WEB

Esta papeleira de 20L. sería un vulgar e oriental caldeiro do lixo, se non fose polo estampado e cor, deseño da estrela da marca,( ó noso xuizo), Valerie Nylin... Unha papeleira de autora.
Papeleira, de Valerie Nylin, por 79.95€ na nosa WEB.

Hoxe o equipo de deseñadores está composto por unhas persoas, entre elas destacan Lerenard, Magali Rieuset, Valerie Nylin, Les Chlouis, Bilb...

A carta de axuste, universal é un motivo de divertimento que aplicado nunha funda de PC, pode alegrar a calquera nostálxico/a.
Funda para PC de Lerenard, por 29.95€ na nosa WEB.

No concepto oficina, despacho, tamén desplegan a sua creatividade, ó día a día pode ser diferente ca firme proposición de cambialo e con certas axudiñas.

Na mesa de traballo un pouco de organización e un sitio onde deixar os clips, gomas, etc, ou unha alfombriña para o noso rato, dan un pracer que non é sustituible con un café, un cotilleo e volta ó traballo.


Botes apilables, de Valerie Nylin, por14.20€ na nosa WEB.
Alfombra para PC, de Valerie Nylin, por 5.50€ na nosa WEB.

Pequenas solucións para alegrarnos a vida,
psicoloxía de andar pola casa, pero eficaz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario