27/01/12

Cocolate

Estas aburrida?, non che vai ben na cousa setimental?, no traballo téñenche manía?... come un pouco de chocolate.
No inverno e debaixo de toda esa roupa, tan bonita, que compraches nas rebaixas, non se notarán os cambios.
En Italia hai unha firma que opina o mesmo, Silikomart. Incluso podes obter receitas e consellos de prestixiosos cociñeiros, na páxina da marca.

O kit para facer bombóns, por 62.90€ na nosa WEB, consta de todo esta ferramenta altamente sofisticada; pero superfacil de usar:
Dosificador de líquido para non pingar e meter a dose esacta, Cocotte de silicona para derreter o material en baño maría ou no micro, por último, pala con termómetro para medir a temperatura, e manipular o chocolate limpamente.


Este é o complemento perfecto para usar cos moldes da marca Silikomart, de 6.90€ na nosa WEB; que dan uns resultados altamente profesionais con nada de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario