19/10/11

Para guitarreiros de a diario.

Non os reprimas. Únete a eles, esos Carlos Santana da túa vida, ben merecen un xoguete de cando en vez.
Estas camisetas son a resposta, que mellor agasallo que unha camiseta con auténtico son de guitarra?
A T-Shirt Guitar, ten un prezo de 57.60€. Soa cando se tocan as súas cordas.
Podes mercala aquí.

Non te preocupes por que teña entrado na edade da fermosura, pois as tallas L e XL son normais hoxe en día, non só os cervexeiros teñen chichas.

Se ademais o interesado é de concertos e espectáculos sonoros ou simplemente traballa nun local de copas, tamén hai a opcion do equalizador con luces, sensible ó son.


A T-Qualizer véndese por 33.90€, e pódela atopar aquí.

Non terás que ir a Londres para buscalas, nós pensamos en arruinar a Iberia traendo estas camisetas, moi populares no UK, e evitando que gastes en viaxes inutilmente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario