05/10/11

ILUSTRANDO AS ESTANTERÍAS.

Da firma francesa Derriere la Porte xa temos falado en anteriores post, é coñecida polas súas latas ou caixas, para gardar cousas e incluso... conceptos.


De entre todos os profesionais que deseñan, nesta firma, a nosa predilección descarada é pola ilustradora Valérie Nylin á que só coñecemos de vela, nas presentacións anuais do seu producto.
Caixa de medicinas, por23.95€, aquí.

Muller nova, creativa e moi dinámica,(como nós), que estudou Artes Decorativas en Paris, pero tamén ten escrito, e ilustrado con exito, algúns contos infantís; de ahí lle ven ese humor característico e o punto aparentemente naïf, dos seus deseños.
Caixa de costura, por 24.75€, aquí; caixa de mandos, por 27.90€, aquí.

Tamén é dada ós xogos de palabras; os textos conbínanse con atráctivos debuxos, dando como resultado moitos productos cargados de simpatía, significado e ás veces finisima mordacidade.
Caixa de infusións, por 20.85€, aquí; caixa de bebé, por 27.80€, aquí.

Hai que dicir, como cotilleo, que é neta dun profesional do circo e esas vivencias e visión da vida, seguramente lle foron transmitidas de xeito indirecto, durante toda a súa vida, especialmente na infancia.

Con estas caixas, ¿ quen non quere gardar e organizarse?

Ningún comentario:

Publicar un comentario