15/01/11

Matrioskas con picardía e fumadoras.

Todos coñecemo-las monecas rusas que encaixan unhas noutras.

Dise que son famosas dende 1890, sendo orixinarias do Xapón , onde representaban ós sete deuses da fortuna, (con un aspecto algo diferente a estas). Tamén se relacionan ca maternidade e a fertilidade, como case toda-las imaxes que representan señoras que non estén anorexicas.

Tamén teremos visto, nos documentais, en "Callejeros viajeros" e os centos de programas que nos intentan mostra-lo mundo sen sair do sofá, as moitas variantes que se fan con personaxes famosos, lideres políticos e outras creativas ideas que renovan a oferta destas monecas.
Poupée x,y,z de Letizia Reuss para Pylones, feitas en madeira torneada e decorada á man.
Pois unha das novidades da marca francesa Pylones é este conxunto de sete sexymatrioskas, que ofrecemos fotográficamente, sen ou con censura, para menores.
Unha doble vida, con cada peza vemos como desaparece unha prenda de roupa, ata quedar espida.
Un concepto tradicional con un toque traste.
Tamén un guiño ás fumadoras (Cas que nos solidarizamos, como grupo oprimido que son), pois só se desprende do pitillo con boquilla, na moneca máis pequena; para taparse, pudorosamente, as partes.

Creada por Letizia Reuss, deseñadora de estravagantes cousas, asentada en Suiza; a súa primeira peza para a editora de obxetos, Pylones. Esperamos que manteñan esta colaboración que de ser así, estamos seguros, dará que falar.

En U-LA Boutique, non queremos perde-lo humor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario