Chegarón á escena, desde o país emerxente, mais poboado de américa do sur, onde curiosamente, despois de 10 anos de traxectoria non lles tiñan ofrecido fabricar ningúnha das súas creacións e (como frecuentemente pasa aquí, tamén) impulsados polo interés de institucións extranxeiras; neste caso foi o MOMA de nova York e a comisaria Paola Antonelli.
Firmas como Edra, Fontana Arte, Abitar ou Alessi editan os seus traballos.
Museos de todo o mundo expoñen pezas deles, nas coleccións permanentes.
En Post mais antigos, e con motivo da exposición en Galiza producida polo Vitra Design Museum, na Fundación Barrié de La Maza, temos falado dos dous irmáns mais recicladores de toda a volta.
Pero queremos comenza-lo ano reafirmando o papel tan poéticamente importante, que teñen estos autores, e que nós vemos moi próximos ás nosas raices culturais, a pesar das diferenzas históricas, culturais e de todo tipo, que verdadeiramente existen entre o noso país e o deles.
Unha das cuestións cas que nos identificamos está relacionada co papel que a artesanía ten no deseño dos autores brasileiros. En moitas ocasións e con motivo da concepción dalgunhas coleccións comerciais como a Nuvem ou a Blow up, para a firma Alessi, dedicaron tempo a observar e incluso aprender as técnicas artesanais de manipulación do metal e outros traballos do mesmo caracter.
Como sabemos moitos dos nosos abós realizaban ata hai moi pouco, labores de caracter artesanal, xa que o cambio, que neste país se fixo, do "Paleolítico"( no que estabamos sumidos ata os anos setenta), ata a era actual, tivo lugar nun par de xeracións.
Continuamente, en feiras extranxeiras do sector, atopamos espazos reducidos onde deseñadores nóbeles de paises diferentes de España, como Inglaterra, Francia ou Alemaña expoñen os seus prototipos e traballos con un marcado caracter artesanal, e sen complexos por esto. Algúns deles conseguen triunfar!!.
Mesa, paraugueiro e espello de parede, da colección Blow up de Alessi. .
A colección Blow up xurdíu, según os autores," Dun biombo feito con baras de aluminio das antenas da TV, que ó irse evolucionando e desenvolvendo, conseguemos mostrá-la deconstrucción do material".
Ensinándonos así de onde provén o producto orixinario que deu lugar e forma, á colección integrada por pezas en aceiro e tamén en bambú, como revisteiros, mesas, centros de mesa, espellos e reloxios de parede, ademais doutras pequenas pezas.
Centro-froiteiro ou paneira da colección Nuvem de Alessi.
Unha colección máis antiga, do 1989, é a Nuvem, que parte do deseño de cadeiras de ferro que os Irmáns Campana prepararon para outos menesteres. Varias releituras despois, innovacións relativas ó material, que neste caso é aluminio anodizado, danlle un caracter especial á vez que revalorizan a segunda vida dos materiais.
Unha segunda oportunidade superpoética.
Porta panos de mesa e cuberteiro da colección Nuvem de Alessi.
Paneiras en aluminio de cores, da colección Nuvem de Alessi.
Según Alberto Alessi, responsable da firma editora Italiana, estes traballos "Reflexan os xeitos de reciclaxe típicos de conglomerados urbanos do terceiro mundo, pero poéticamente, con respeto polas esixencias dos obxetos".
Nós engadiríamos que Brasil é un país emerxente, que esa clasificación de orde é inadecuada. Pois ademais, ¿en que lugar nos deixa ós demais?.
Lembremo-la capacidade de reciclaxe e inxenio que temo-los galegos, manifestada nas fotografías do concurso do 2008, de La Voz de Galicia:

Rematamos con un video onde o caracter da obra dos Irmáns, se explica através do seu país e dos habitantes dunha das partes máis deprimidas e que xeneran máis migracións internas, do Brasil:
Ningún comentario:
Publicar un comentario