
Gargantilla e colar Marido celoso de A. Calder 1940.
Este ùltimo colar-escultura è famoso por ter sido portada do magazine do The New York Times do 17-10-76, con Anjelica Huston como modelo.
Desde Calder a Dali, moitos artistas son tentados por este medio: A xoia.
Noutos paises con outra historia e cultura, a xoierìa de autor vese como ARTE (non en minùsculas) expoñèndose en galerìas e tratàndose como a escultura ou a pintura.
En España a xoierìa de autor, a artesanìa e certa gama da industria bisuteira, conviven no mesmo espazo mercantil. Reducìndose ò mundo tendas. Incluso as feiras profesionais do sector non separan nin diferencian.
Esto implica unha confusiòn à hora de valorar as diferentes alternativas dentro do concepto de xoia, que vai en detrimento da parte mais dèbil do conxunto e incluso do mundo da xoierìa en xeral.
Como queira que sexa a xoierìa vincula a materia inerte co noso corpo, para cumplir unha funciòn vital como è a de dotarnos de identidade.
Coloca un delicioso velo entre a persona e o mundo, parecido ò efecto das gafas de sol ou determinada roupa, que nos poden dar prestixio, converternos nunhas chambonas, aportarnos seguridade ou incluso separanos do resto da xente.

Afortunadamente hai 27 anos naceu Joi D'art, que defende o mellor dos gustos en xoierìa contemporanea, sen convertilo en inalcanzàbel e mantendo as sùas creaciòns cheas de contido e emociòns. Este verdadeiro valor da xoia è o que lle da significado e xustifica o seu uso.
Un grupo de deseñadoras composto por: Emilie Bliguet, Sara Domenech, Mar Vidal, Cristina Julià, Carme Fabregas, Nuria Casanova e Anabelle Royo, como habituais, crean para nos e
presentan duas veces ò ano, varias colecciòns exquisitas e nutridas, con variantes para satisface-la ànsia de creatividade da clientela mais esixente. Esto acompañado das colecciòns anteriores, que non perden vixencia, fai a oferta inagotàbel.

Ventaxa pràctica desta firma , que non son pezas exclusivamente de tendencia polo que teñen unha vida longa.A outra è que tecnicamente, dispoñen de tecnoloxìa ùnica en España para nos ofrecer calidade a prezo apropiado.

Esta firma ten varias liñas de traballo pero comparten a mesma filosofìa.
Pese a ser a ùnica empresa destas caracterìsticas ten unha proxecciòn discreta, dentro de España. Non sendo asì no resto de Europa , donde o recoñecemento è mais evidente.
Segùn o historiador Serge Gruzinski, os indios tainos que se atopou Colòn nas Antillas, levaban no pescozo uns monequiños de madeira que segùn eles pechaban dentro a alma de quen os portaba.
Era tan importante, esta xoia , que si se perdìa , perdìase con el a identidade e o destino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario