19/07/10

Alfombras todoterreo.

Sempre buscamos cousas estéticas para a nosa casa, pero è frustrante cando, pasado pouco tempo envellecen e se poñen impresentàbeis.
Cando falamos de alfombras para o baño, cociña ou hall è precisamente cando nos lembramos de todas esas malas inversiòns feitas antes, Arte Espina è unha firma Holandesa, que xa por segunda vez , saca uns modelos que realmente supoñen unha soluciòn de deseño e calidade que merece a pena.

img/products/mainimage/Style_Main.jpg

Os Living mats, son unhas alfombras de poliamida, moi resistente pola pate visìbel e con antideslizante de respaldo de caucho por abaixo.
O seu aspecto innovador, a variedade de deseños que van desde cores vivas a tonos e convinaciòns mais sobrias, aportanlles versatilidade à hora de situalas.

img/products/mainimage/On-Line_Vorlage.jpg

Moitos dos seus debuxos estàn contorneados en tres dimensiòns, sendo posìbel dado que teñen un centìmetro de espesor e o efecto que causan è o dunha verdadeira alfombra, non dun aldraxe que se arruga e acabamos caendo nel.

img/products/mainimage/Fantasy_Main.jpg

Son de facil coidado: lavàbeis a màquina ata 40º, aptas para nenos e ò non ser la, non dan problemas alèrxicos.
En U-LA Boutique non queremos que o teu afàn decorador se vexa frustrado ou relegado ò farrapo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario