20/05/10

Tecnoloxìa resesa.



















A simple vista, esto poderìa parecernos que è unha obsolescente tecnoloxia (afeitos à electrònica predominante), è evidente a marca do feito à man. Estes xoguetes, que non finxen facer nada son sò o que son, mecanismos de corda dotados dun excèntrico movemento.

O seu autor è Chico Bicalho ,(1960, nacido na vila de Petròpolis, situada nunha marabillosa serra , a duas horas do Rio de Janeiro, rodeada de natureza ), cursou estudos de escultura, fotografìa e outras disciplinas en EEUU, pero non perdeu a conciencia ecolòxica adquirida na infancia no seu paìs ; conta que no campo de futbol do colexio tiñan àrbores polo medio, pois o centro non querìa cortalas, ¡¡ igualiño que aquì ¡¡ .

Os seus referentes son, entre outros: Aalto, Eames, Stark, Richard Serra, etc.(Incluso admira a Felipe Gonzalez) Ten antepasados nativos , portugueses, africanos etc, todo un deseñador multiètnico.
Foi asistente e logo productor no estudio da fotografa Annie Liebowitz . Actualmente traballa en colaboraciòn ca sua muller Isabella Torcuato, deseñadora gràfica e industrial .

A creaciòn destes aparellos està relacionada ca compra dos excedentes dunha chatarreria de Canal Street, perto do soho newyorkino, no 1992; creando o seu primeiro Critter, despois de comercializarse no shop do guggenheim, no MOMA, no Beaubourg de Paris e en tendas de deseño de todo o mundo e grazas a editora de obxetos: Kikkerland (Deseño accesìbel e divertido) que os popularizou ,chegàronse a vender en 5 anos 5000 unidades dos xoguetes windups .

Algo moi interesante è que no 2001, colaborando coa deseñadora Giga Casari, creou o Zecar e o 100% dos royalties deste pequeno coche que funciona por inercia, estàn destinados a un romàntico proxecto chamado "Milfolhas" co que se pretende reforestar a mata atlàntica na sua vila natal. Xa levan plantadas 100 mil àrbores e pararàn cando cheguen a 300 mil.

È moi estimulante vender na nosa boutique productos que colaboran directamente en un acto, responsable e coherente, como preservar parte da selva atlàntica do sur de un paìs tan sorprendente como è Brasil, e ainda mais o è, pensar que algùn dìa as fragas do Eume seràn reforestadas cos royalties que proveñan dun proxecto dun deseñador de Vigo, Santiago ou incluso da Coruña.
Frase do multietnico autor:
"A peor cousa que està pasando è a pasteurizaciòn das culturas pola globalizaciòn"

Certamente nos sabemos moito de pasteurizaciòn ,encantanos e temos varias versiòns que nos resultan moi naturais e estàn perfectamente integradas.

Recomendamos ver estes mecanismos en acciòn :

Ningún comentario:

Publicar un comentario