07/05/10

ENXEÑERIA ARTESANAL


!!Poderìa face-lo eu mesmo!! Esta è a frase que se escoitarìa en moitas das tendas que tentasen de vender estos productos dos irmàns Campana (Brasil).
Aquì, donde a maiorìa nacimos nunha sociedade moi rural, donde o artesanal e a economìa de subsistencia e reciclaxe erà habitual, tendemos a despreza-las nosas propias raices, tan tocadas pola fraxilidade da baixa autoestima.
Todo o que nos obrigue a recuperar ese pasado ou, nos lembre às artesanìas dos nosos abòs, con todas esas connotaciòns etnogràficas que parecen, hoxe, materìal de exposiciòn do museo de San Domingos de Bonaval, van a desencadear certos sentementos de repulsa que mesmo nos fan mal.

ALESSI, firma de ultraprestixio, decide celebra-los 5 anos de colaboraiòn con estos arquitectos de Sao Paulo (cidade con mais de 20.000.000 de habitantes) re-elaborando uns dos seus icònicos deseños: a colecciòn Blow-up, que no 2006 fabricàbase con aceiro e ahora transfòrmase en bambù.
Tràtase dun cambio de frio a càlido que ademais de resaltar as habilides manuais, pon à firma italiana nunha posiciòn que revoluciona o concepto de deseño.
Aporta frescura e unha carga poètica que fai pouco clara a froteira entre arte e deseño,entre recolleita no basureiro e a enxeñeria artesanal.

O inconformismo dos Campana, o enfoque humanista, a actitude crìtica frente à volatilidade do gusto, o revelarse contra a homoxenizaciòn dos procesos de deseño, supoñen para o mundo do deseño, un mangueirazo de auga refrescante sò comparable ò recibido por Carmen Maura en "La lei del deseo".

En algùns aspectos à nosa cultura, semellase à brasileira, e estos deseños entroncan coas nosas raices. A producciòn de obxetos que recrean un ambiente rural è unha utopia necesaria e lèmbranos que ainda que seguramente !! o poderiamos facer nos mesmos!! conceptualmente, teremos que gasta-las neuronas e facer, ainda, unhas cantas sesiòns colectivas de psicoteràpia para recupera-la parte do noso pasado que tanto nos molesta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario