06/04/15

2º ANIVERSARIO en r/Velazquez Moreno.

Como dicía o profe de latín: "Tempus fugit"...o tempo voa, fuxe e corre, e xa van dous anos na nosa actual ubicación.

Por esa razón, conmemorámolo con uns fantásticos superdeseños de REGALO dunha firma andaluza, que vai rachar con todo e que eleximos co noso bo gusto e o noso característico humor.
Estos Sevillanos de Superbritánico, levan desde o 2013, ca edición de  auténticas xoias da traducción literal, que case todos nos fixemos, na nosa época escolar e que agora... nos parte de risa.
Ata agora, en toda Galicia, só hai productos de Superbritánico na nosa Boutique, aprobeita e sé un coolhunter,  podes ser o primeiro en maracar a tendencia.


Nicholas Isard, Marielle Lambrun e Daniel Vivas xunto do Superbritánico

Pensamos que estos ditos populares en version "Superbritánica" definen a nosa boutique, ós nosos clientes e ás nosas clientas.

Deste xeito regalaremos, DURANTE ESTOS DÍAS, cinco deseños das "Superbritánicas" bolsas feitas en algodón orgánico 100%, por compras superiores a 40€.





Para que os que compren máis de 15€, tamén haberá outro regaliño, as chapas "Superbritanicas".


Lembrade que  todo esto non está a venta só temos as unidades contadas pra regalarvos e que cando se rematen non haberá máis.

17/02/15

DESPERTARSE COS FAMOSOS

Ver unha cara coñecida ó erguerse do noso sono, é sempre mellor que levantarse con descoñecidos.

E seguramente estos, dos que falamos,son familiares pra nos.


Lego, é a marca que nos trae esta serie de famosos amigos.

De momento só uns cantos personaxes do cine, son os seleccionados, pero...¿ quen sabe se estos aumentarán co paso do tempo?
  Estos son moi simples de usar e programar. De feito son recomendados para maiores de 6 anos. Ainda que somos os adultos os que realmente os queremos.



Starwars, superheroes e algúns protagonistas da película Legoland, integran este grupo de Despertadores.




Dispoñen de luz que se activa ó pulsar na cabeza, ademáis utilizan pilas AAA, as de toda a vida, que sempre é de agradecer.




Ainda que están articulados como corresponde ós bonecos miticos da marca, a escala maior engádelles un atractivo especial.

29/10/14

Plástico si, pero do bo.

Todas as creacións da firma alemana Koziol son feitas en  resina, ( plástico) de diferentes xeitos.

Moitos esquecen que, igual que no caso dos metais, hai moitas aleacións, no caso dos plásticos acontece algo semellante.

 Dispoñemos de moitísimas variantes e calidades que nos ofrecen unhas características distintivas e sobre todo, unha durabilidade e  rematados que nos alucinarán ou decepcionarán.


Non sempre sabemos apreciar o bo cando o vemos, pero no caso de  Koziol, é evidente a golpe de primeira vista, non hai nen que tocalo.
Un clásico da marca é o froiteiro descompoñible Babel, que lembra o de toda a vida, de tres pisos, pero, en versión contemporánea. 
É tan práctico e resultón que xa existen no mercado, torpes imitacións.



Babel está feito con plásticos 100% reciclables e tamén garantizan que non leva melamina nen BPA.



Desmontar e gardar, apto para unha casa pequena.Solucións contemporáneas a problemas de hoxe.




17/10/14

POÑÉNDOSE A TONO...NO OUTONO.

Estirar o bo tempo non sempre é posible, pero disfrutar da luz radiante os días que nola agasallan é factible, incluso poderiamos pensar que é forzoso.


 photo DSC_4154.jpg

O café quente mentras  facemos un relaxante paseo polo monte ou unha rica infusión de herva luisa, é un verdadeiro gusto, que non convén despreciar.
Solucionado o sol, amañado o tema dos pinos, só nos falta o termo e estos son os que realmente ofrecen o que queremos.


Quen sabe cando voltaremos a ver o sol batendo na cara; o mellor é sentilo, aspirar os aires do més no que estamos e impregnarse dos cheiros que tantos sentementos evocan.

 photo DSC_4189.jpg

Se podemos xuntar os dous placeres, convertiremos o momento en inesquecible.
 Degustar o sabor do café quente ca pituitaria ainda saboreando o cheirume dos pinos, é un dos grandes regalos do outono.


Beber directamente só temos que desplazar a pequena tapa pra un lado e o contido será para nós. 

Se o que necesitamos é beber mentres regresamos a casa, con este modelo poderemos facelo con unha soa man, grazas ó seu pulsador que se acciona con un dedo.

07/07/14

SEGUNDAS REBAIXAS

¿ Sabias que... temos segundas oportunidades ?

... SÓ NA NOSA BOUTIQUE FISICA
 ( r/ Velazquez Moreno, 44 Bx. VIGO) 

Ata o 30 de Agosto 2014

Estos son outros 10 productos que entran en segundas rebaixas, algúns deles son a última unidade, é por eso que teñen un 50% de desconto... unha oportunidade única, de verdade.




Lampada "Easy" de Kartell.
Antes: 103€, agora co 50% queda en: 51.50€
Memoria USB de 4 GB
Antes: 28.95€, agora co 50% queda en: 14.47€

Set de seis enfriadores e axitadores frecha. 
Antes: 5.51€, agora co 50% queda en: 2.75€

Plano waterproof actualizado de Amsterdan. 
Antes: 12.85€, agora co 50% queda en: 6.42€
Funda acochada en loneta plastificada de Mlle Heloise para La Marelle 
Antes: 31.95€, agora co 50% queda en: 15.97€


MORPHEE
Despertador Morphe de Lexon, con luz, snooze e forma de caixa.
Antes: 29.65€, agora co 50% queda en: 14.82€


Carteira de loneta plastificada,
 de Blutsgeschwister.
Antes: 28.95€, agora co 50% queda en: 14.47€

Reproducción litográfica, enmarcada en aluminio, de Cars de Andy Warhol.
Antes: 150€, agora co 60% queda en: 52€
Pano de Bon Jour Mon Cusine.
Antes: 27.90€, agora co 50% queda en: 13.95€

Roller La Cupola de Aldo Rossi para Alessi.
Antes: 99€, agora co 50% queda en: 49.50€


30/06/14

REBAIXAS: 10 MARABILLAS de 300

¡¡¡¡ REBAIXAS, SI !!!!

... SÓ NA NOSA BOUTIQUE FISICA
 ( r/ Velazquez Moreno, 44 Bx. VIGO) 

Do 30 de Xuño ó 30 de Agosto 2014

Estos son 10 dos MÁIS DE 300, productos que entran en rebaixas, moitos deles son a última unidade, outros non voltarán a U-LA Boutique, en todos os casos son realmente marabillas que podes disfrutar XA.



Pra decorar.

 Efectista e resultón, este alegre mural, facilisimo de colocar e apto para todos os públicos.

Vinilo da exclusiva firma francesa Stickaz. 
Antes: 10.95€, agora: 8.76€



Pra cociñar estupendas receitas super fáciles.

 Este molde incorpora un aro anti vertido; que o fai especial, non hai nada parecido, no mercado é firma italiana de alta calidade Silikomart.

Receitas incluidas e tamén consultables na web da marca.
Antes: 15.55€, agora: 12.44€



Para despertarte con estilo.

 Este despertador con calendario, temperatura, luz e snooze, para durmiñentos con bó gusto.

 É da firma francesa Lexon.
Antes: 59.60€, agora: 47.68€
Fai click aquí se queres saber algo máis ou ver cantos quedan en stock real.

Pra  unha casa diferente.

 Cargada de alegría e sobre todo exclusiva, esta Lampada de teito con estampados de amapola.
Pódese regular en altura e fará de habitación que tanto che gusta un curruncho especial.

Da firma francesa Pylones.
Antes: 47.00€, agora: 37.60€
Fai click aquí se queres saber algo máis ou ver cantos quedan en stock real.



Pra amantes do bo vivir e por suposto, dos viños.

 Este exquisito sacacorchos, que poderás regular para que non perfore o corcho; apto para entendidos.

É da firma Pulltex, especializada en productos para o viño.
Antes: 61.85€, agora: 49.48€


Pra gardar esas..."medicinas" de familia que tanto aprecias e que tan ben che sentan.

Caixiña retro da firma americana Blue Q.
Antes: 11.85€, agora: 9.48€



Pra ese precioso baño no que tanto tempo pasas.

 Unha reproducción  de arte pop de Roy Lichtenstein,  de 60Cm por 60Cm.
 Enmarcada con aluminio natural e protexida do efecto da luz solar.
Antes: 270€, agora: 216€



Pra as túas moedas que andan sempre inaccesibles.

 Este moedeiro de loneta plastificada con apertura de boquilla, e peto interior con cremalleira.

É da firma inglesa Disater Designs.
Antes: 21.95€, agora: 17.56€
Fai click aquí se queres saber algo máis ou ver cantos quedan en stock real.
Pra esas laranxas, limons e limas que decoran tanto na cociña de deseño que puxeches.

 Este friteiro de inox pulido manualmente, darache o toque perfecto que andabas a buscar.

É da emblemática firma italiana Alessi. Un clásico de alta calidade e deseño.
Antes: 149€, agora: 119.20€
Fai click aquí se queres saber algo máis ou ver cantos quedan en stock real.

Pra alegrar as rúas por onde pases.

 Este fabuloso bolso de man que tamén poderás usar con bandoleira; ten tantos petos e divisións que ata a máis ordenada quedará contenta. 

Estampado alegre en loneta plastificada.

 É da inpronunciable firma de roupa, alemana  Blutsgeschwister.
Antes: 54.35€, agora: 43.48€




REALMENTE, O MELLOR...
ÓS MELLORES PREZOS DO MERCADO.

¡¡¡¡ UNHA OPORTUNIDADE !!!!