19/07/13

O que non se sabe que é.

Sempre temos na casa algo, que non se sabe que ven sendo e temos que pararnos e reflexionar sobre esa cousa.

Pero esto é un esforzo imposible, con certos obxetos.
O caso é que son prácticos, unha vez que desvelan o seu segredo, agochado.



Estas caixas poderían ser uns simples envases de "Especial K" deses que pululan polas casas dos que cremos que adelgazan.

Caixa de cereais; por 22.30 € na nosa Boutique virtual.

Pois non... é unha caixa de caudais, ou caixa forte disimulada, con interior metálico e con pechadura.

Outro exemplo é este burro de carga, pode parecer unha figuriña desas de Lladró que tanto gustan ás nosas aboas, pero..



Non é un burro calquera , é un dispensador de tabaco.
  Non é preciosa, é máis ben riquiña, ademáis pensamos que é unha peza  que nos pode meter en problemas, xa que a tabacofobia está moi extremista nestos momentos, ainda así, aquí está, na nosa boutique.



Dispensador de cogarrillos; 
por 10.95 € 
na nosa Boutique virtual.

Cando se lle pulsan as orellas despide un cigarrillo, pola parte...traseira.


   

Non estamos seguros de estimular o consumo de tabaco ou se faremos todo o contrario, depende de quen o vexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario