29/05/13

Café quente co teu PC... e unha "Galleta"

A partir de agora xa non terá por que enfriárseche o café cando estés xogando a eses xogos que tanto che gustan ou lendo un cotilleo fresco no PC, porque o deseñador Reuben Utudjian xa deseñou algo pra ti, que ademáis de larpeiro, pasas moito tempo no ordenador.



Calquera recipiente de cerámica ou porcelana poderá usarse ca galleta quentatazas.



Xa sabes que nas conexións USB, os aparatiños, case non teñen consumo eléctrico, é dicir aforrarás... estarás no que se leva.

Co seu botón de prendio e o seu piloto indicativo, terás un dominio excelente desta tecnoloxía punta.


Por 14.20€ terás un quenta tazas con aspecto de auténtica galleta tradicional europea... quente, como recén saida do forno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario