17/04/13

NOVABOUTIQUEU-LA

Despois de meses de inactividade aparente, temos un novo proxecto, con nova ubicación.

Trasladámos U-LA Boutique  á rúa paralela:Velázquez Moreno Nº 44, moi perto da anterior U-LA. Máis grande e con máis luz.
Xa postos reseleccionamos os nosos productos, para ofrecer algo que sorprenda, un pouco máis ainda.
 Non albergamos pretensións que non sexan terapéuticas e beneficiosas pra os nosos clientes, sabemos que todos necesitamos, actualmente, algo de desconexión, sorpresa e humor.

Esperamos  que o espírito do personaxe que da nome á rúa, nos guíe,  pois como algúns saberedes  foi a  este Riojano, Norberto Velázquez Moreno, ó que se lle debe, entre outros logros, o primeiro teatro  do que disfrutou esta cidade.

O noso non é o teatro pero tamén somos espectaculares e... unha brisa que rexuvenece esta cidade.

Vistas da fachada dende o cruce con r/ Progreso.

Agardamos que a nosa nova selección de productos vos agrade tanto como a nos, novas marcas e novos productos das nosas marcas emblemáticas, fan un popurri que refresca e soluciona compromisos enchendo estes de orixinalidade.

Vistas do interior dende porta de entrada.

Esta vez, pra esta nova tenda, a inspiración é o espírito cosmopolita que nos invade e que obtido nas viaxes ó redor do mundo mundial, fainos ver o noso microcosmos dun xeito diferente ó que nos ensinan na TV ou na prensa. 
U-LA nace con unha adaptación ós tempos que corren,  renovadores... á forza, cambiantes... por decreto, pero ó final ...estimulantes.

Vistas do escaparate da apertura.

Invitámoste a compartir con nós, esta mirada pallasa ó que nos rodea, con ironía, humor,  sarcasmo e bo gusto...na maioría das veces.
.


Ningún comentario:

Publicar un comentario