27/11/12

Pasatempos.

Novidades de Kikkerland.

Recuperando momentos da infancia, ¿ Quen non aspirou a desmontarlle o coche ós seus pais e voltar a montalo... con todas as pezas?
Pois esa aspiración ainda pervive, porque todos sabemos que as frustracións infantís non che son nada boas.
Esta práctica e curiosa ferramenta, poderá calmar todas as frustracións dese período e doutros.
Certamente,¡¡ da pra entreterse con calquera aparatiño e incluso pra voltar a montalo!!.

Por 9.10€ na nosa WEB.
Torpedo, con catro cores e con puntas pra oito cabezas diferentes.
Bricómanos e xente desocupada, son os potenciais usuarios desta tecnoloxía.


Os neorománticos teñen a oportunidade de ir dando bucinazos pola rúa no lugar de circular discretamente e atropelar a calquera inocente, con esta bucina clásica pero nova.

Dispón dun adaptador pra enganchar no manillar, á perfección.

Claxon, por 6.65€, aquí, na nosa boutique.
Pra os menos activos, sempre está o "clásico" masaxeador de cabezas, co que pasarás uns momentos de relax.
Este modelo incorpora silicona nas puntas, pra que non remates ferido; ademáis a forma de cana de bambú, dalle un toque máis Zen ó asunto.

Pra eses momentos... mortos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario