09/08/12

caixaslamarelizadas

¿Quen podía pensar que uns cartóns e un pouco de papel fosen dar estos resultados?
Pois esto non é nada porque, La Marelle puxo ás máis reputadas deseñadoras da firma a facer caixas e o resultado é este.

Estas caixiñas superdecorativas, son ademais prácticas; para gardar todo tipo de chorradas das que acumulamos e que nos son imprescindibles, para a vida.



Caixas con asa en diferentes tamaños, de Mlle Heloise.
Dende 11.95€ ata 17.95€, na nosa WEB.

Deseños con un deixe romántico e diríamos que un pouquiño Naïf... esa tendencia Naïve, con reminiscencias do manga xaponés, que tanto nos gusta dos actuais deseñadores e deseñadoras francesas.

Caixas con asa en diferentes tamaños, de Peggy Nille.
Dende 11.95€ ata 17.95€, na nosa WEB.

Caixas con asa en diferentes tamaños, de Miss Clara.
Dende 11.95€ ata 17.95€, na nosa WEB.

Tamén para a oficina ou o despachiño, para aquelas que lles gusta ter clasificado todo e ademais ben bonito, polo interior e o exterior.


Estes modelos plegables, que cando non uses podes deixar gardados, poden constituir un agarimoso regalo de cumpleanos.

Caixas plegables, Dende 8.90€ ata 14.90€ na nosa WEB.

Ningún comentario:

Publicar un comentario