08/06/12

Comida e decoracion...Bonjour mon coussin.

Decora a túa bulímica casa con estilo actual, na tendencia das famosas cupcakes de "Sex and the City", esa estética riquiña cas merendiñas na Magnolia Bakery.
Caerache a baba mentres durmes, pero xustificadamente.


Coxín con recheo, incluido e peches de laciños repipis, por 29.95€ na nosa WEB.

En Vigo esperamos facerlles compaña ós que xa se apuntan á tendencia como Lovecupcakesvigo.

Estos coxíns forman parte da nova colección de bolsos e complementos que trouxemos dende Francia á nosa boutique.

P1010535P1010536

Maiormente a tematica dos estampados está relacionada ca pastelería fina, pero circo, gatos e demais romanticismos, son tamén unha desculpa para crear fabulosos resultados.
Claire Eglizeaud e Paul Moreau, deseñadora e artista gráfico de Burdeos, montaron a firma Bonjour Mon Coussin ca que están repartindo sorrisos por toda Europa.

P1010539

BÁBATE CON GLAMOUR

Ningún comentario:

Publicar un comentario