31/05/12

Pan-pan-prapan...

Pensando nos almorzos de torrada e confituras, e para que podas erguerte para ir a traballar con boa sensación, deseñaronse estas torradoras da firma Pylones.
Esta segunda xeración de torradoras sae ó mercado en sustitución do modelo antigo que non tiña selector de torramento, ademais doutras melloras.
Estes son os dous primeiros estampados que lanzaron os creativos do estudo Crea Crea.

Pensamos que están moi ben seleccionados pois a amarela é un deseño que gusta moito ó público pero a de raias, será a que encaixe en todas as alegres mesas e encimeiras de Vigo.
Estas torradoras tan fantásticamente exclusivas, por 79€ na nosa WEB.

Dispoñen de seis posicións de toste, botón Defrost para desconxelado, outro de Reheat, para cando se che enfriaron as torradas e queres voltar a quentalas.
E como non, o de Stop, para parar o proceso antes que se calcinen, non queremos que experimentes as amarguras da vida, xa no almorzo.
Alegraránche as mañáns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario