15/02/11

Tenrura e orixinalidade.

Cando unha empresaria é nai; pode pasar de todo de bó.

Neste caso aconteceu outro feliz nacemento, o da firma Madrileña Papalote. Trátase dunha conxunción de características positivas que auguran que algo está a pasar.
Moda, orixinalidade, deseño e calidade, ingredentes que xuntos, dan como resultado o éxito, incluso nos nosos dias.

Roupa para bebés simpática, con mensaxes divertidos e incluso algo filosóficos, ( sen profundizar, tranquilos!!), diferente á moda dos séculos pasados, con omnipresencia dos lazos de raso e demais elementos decimonónicos desfasados.


Só unha reflexión:¿ Pòdese te-la conciencia tranquila despois de vestir a unha inocente persoiña, con relazos, puntillas, etc. os 365 días do ano?

Ningún pai responsable consentiría que o seu fillo, ou filla, puxese un disfraz de Astronauta, Princesa ou Superheroe, máis dunha semana, pois ningúen pretende que no futuro sexa carne de psicólogo.

Tampouco merece a pena ser popular no edificio, por sair no programa de Suprernani, ó ter un fillo con transtornos da personalidade provocados por poñer roupiñas, que máis que atemporais, son desfasadas e alquilables como vestiario de película de época... (antiga).

Afortunadamente poderémos-lles ensina-las fotos da súa infancia, sen ter que esperar reaccións violentas.

'Pijama

O aspecto máis destacable da roupa desta marca nova, é a calidade, pois está fabricada con algodón Pima Peruano, que è xunto co algodón exipcio, o mellor do mundo.

A lonxitude e finura das súas fibras da como resultado moita máis durabilidade, resistencia ó lavado, evita o pilling ( bolinñas ó envellecer a prenda) e o mellor, unha suavidade ò tacto insuperable, que os meniños merecen.


Moitos dos deseños teñen doble lectura e mansaxe pola parte traseira, que completa a portada.

Agora xa dipoñemos dos modelos de manga curta para os menos frioleiros, que xa queiran ensina-los biceps e triceps, nas primeiras xornadas de sol.


Unha das novidades é que editaron "Ladrona de sueño" e "Marquesa de la casa", a versión feminina do estampado da temporada pasada.

'Body

Tamén é novidade a ampliación do tallaxe, xa que agora ofrecen a nova talla de 18 a 24 meses, moi práctica xa que os meniños do norte non entraban ben no modelo de 9 a 12 meses, que se viña facendo escaso.
'Body'Body


Son unha boa inversión, pero tamén un agasallo co que non corremo-lo risco de coincidir ou repetir nas nosas visitas de cortesía, pois esta firma ten unha producción moi reducida e unha distribución en exclusiva con U-LA Boutique.

Ningún comentario:

Publicar un comentario