Só para epatar, deslumbrar, pero tamén funcionais, prácticos e motivo de conversas e deliberacións, case de tese doutoral, son estos obxetos que ahora ensinamos.
Xa temos falado dos coiteleiros Voodoo de Raft Design, Rafaele Iannello, este deseñador despois dos bos resultados da famosa peza, ( agora reformada, nas últimas edicións con máis peso na base e máis protección nos coitelos), protagonista de películas e fotografías de todo tipo, lanzou a súa versión soporte para bolígrafos: Pen Set Voodoo.

Perfecta para un despacho de avogados.
Ven cos bolígrafos incluidos e as concavidades da base, están pensadas para depositar clips, gomas e outras menudencias.

Outro obxeto, propiamente decorativo, como un floreiro, pode dar para crear algo sumamente artístico.
Trátase dos Hose Vases do deseñador e arquitecto Walter Musacchi, xa editados no 2002.
Este creador italiano que traballou con Jean Nouvel, entre outros, dedícase a deseñar tendas para firmas como Prada, Puma, Adidas, etc; pero tamén a crear productos reciclados , dende cadeiras a sofás, con materiais industriais.
Esta peza está feita con media ducia de mangueiras e unha abrazadeira, poderíamos face-la nos mesmos, pero el chegou primeiro.


En U-LA Boutique seguimos " dándolle a volta" ó que atopamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario