01/02/11

Jacob Jensen, deseñador do mes de Febreiro.

Nacido en 1926, é un dos 50 daneses mais famosos; cofundou en 1952, o primeiro estudo de deseño industrial de Dinamarca.
Máis tarde creou a firma do seu nome: Jacob Jensen, no 1958. Agora, diríxea xunto co seu fillo, Thimothy Jacob Jensen.
En cincuenta anos de actividade, con máis de 100 premios internacionais, foi capaz de crear máis de 500 deseños industriais e ten desenvolvido estratexias, gamas de productos e códigos específicos para compañías como Bang & Olufsen, Gaggenau ou Alcatel.
Teléfono T1.

Palabras de J.Jensen: "Construir un reloxo, escribir unha poesía, producir unha obra de teatro ou deseñar unha locomotora, son cousas que esixen os mesmos elementos: perspectiva, creatividade, ideas novas, capacidade de comprensión e a primeira e principal: a capacidade de reelabora-la obra constantemente, ata a saciedade, unha e outra vez."

Na obra de J.Jensen inflúe moito a Bauhaus ; o principio de "Menos é máis" está presente alá onde o creador pon o lapis.
É un digno representante do Deseño Danés e Escandinavo, ( Poida que esto non lles guste ós daneses, xa que moitos deles non se consideran escandinavos).
E ainda que non intente chegar a todo o mundo, nin por estética, nin por prezo, si que busca mellora-la calidade de vida através da tecnoloxía e os productos funcionais; característica esta, que define o Deseño Escandinavo.
Teléfono T3.

O segredo de que os seus deseños non se volten obsoletos, pasados tantos anos, é a súa linguaxe de formas ultramodernas e minimalistas.
¡¡A estética minimalista é sempre rentable e unha boa inversión!!

No mundiño do deseño, é coñecido polos sofisticadísimos reloxos de pulso, tamén polas pezas tecnolóxicas feitas para Bang & Olufsen, pero Jacob Jensen ten creado dende xeneradores eólicos espectaculares, o primeiro extensor de cables con enchufes, gafas, reloxos, menaxe, cociñas, ata xoiería.
Estación de temperatura con sensor remoto.

As súas creacións forman parte das coleccións de museos de todo o mundo; o MOMA dispón de 19 pezas diferentes; e productos como os seus clásicos teléfonos, forman parte do equipamento de prestixiosas cadeas de hoteis de deseño, de todo o mundo.

É o representante histórico, do deseño própio do seu país e un dos máis importantes creadores do século 20.

Reloxo de cristal líquido,e plataforma con toda a gama desta colección montada vertical.
Reloxo radiocontrolado de cristal líquido.

O Deseño Escandinavo non é facil de alterar pola moda, é xa un concepto con personalidade propia.
Trátase dunha estética clasicista que desprende funcionalidade.
O seu pasado cultural, incluso a relixión, son elementos que o conforman.
Os deseñadores escandinavos, máis novos, critican a excesiva seriedade e sofisticación dos productos, pero todos beben do traballo destes emblemáticos deseñadores; e si non fora por IKEA, a boas horas ía popularizarse o Deseño nórdico , Danes, Escandinavo, etc.
Este creador ten contribuido fortemente, a situa-lo no lugar que ocupa.

Como curiosidades ensinaremos tres perlas do deseño de Jacob Jensen.
Todo para viaxe:


A primeira é este redeseño do 1992, do Citroën XM, con rodas ocultas.
Feito en fibra de carbono e keviar ( 5 veces máis resistente que o aceiro, sin necesidade de aumenta-lo peso), os avances electrónicos que o equipaban, facían que o seu asento lembrase ata catro posicións do conductor, entre outras cousiñas.
Non sabemos se só quedou en prototipo ou se o levaron para a NASA.


A segunda é o proxecto do 1982 para o Logicar, que non chegou a producirse pese ós insistentes intentos. Tiña a particularidade de se converter en camioneta nos segundos que tardamos en estala-los dedos.
O seu frontal en forma de cuña copiouse ata a saciedade en modelos feitos despois.


A terceira é este ataúde, denominado Diamant Series, para a firma danesa de pompas fúnebres Coffins & Urns.
Ten a particularidade de estar moldeado co volume da talla dun diamante, sendo a parte máis alta do facetado, coincidente co corazón do usuario.
Deseñado con un pequeno plano liso, na parte superior da tapa, para poñer unha soa flor, simbólico e minimalista.
Dispoñible en minimalistas acabados de cor negra, branca ou gris.
Para os que queren leva-lo deseño ás últimas consecuencias.

diamant-coffin-1.jpg


U-LA Boutique quere recoñece-lo seu mérito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario