18/02/11

Borrachas si !!, pero de deseño.

Chegadas a unha idade, quédanos pouco que facer para ser máis divertidas, que faga pouco mal ó corpo e á mente como é o beber viño.
Temos a desculpa de que... se trata de algo cultural, e que...¡¡ Un pouco non fai mal !!.

O certo é que poñerse os coloretes vermellos, é estético e entretido, xa que axiliza a linguaxe e facilita expresar moitas cousas simpáticas que seguro que doutro xeito non diríamos.
Ainda por riba non cho toman en conta, é ideal polo que de liberación e catarsis, supón.

O deseño tamén está do teu lado, crea para os que son como ti, artiluxuios sofisticados que te diferencian dos borrachos vulgares, e deses que durmen nos bancos nas películas.
Ademáis de simplificarche o traballo de decantar un viño de crianza, ou medí-la temperatura dixitalmente; para que o teu padal adquirido en cento e non sei cantos cursos de cata , finísimo, non se deteriore.

A Jakob Wagner, tamén lle interesa o tema, e por iso deseñou para a firma danesa Menú estos productos tan prácticos.


Sacacorchos Vignon, con cortacápsulas plegable, incorporado. Un redeseño do clásico pero mellorado, dispón dunha espiral de 5 voltas, ( pensada para non perforá-lo corcho de todo, evitando que caigan restos no viño), revestidas de teflón, para conseguir deslizarse mellor.
Moi seguro, incluso cos corchos máis antigos.

Como curiosidade mencionar que os Daneses agasallaron á Michel Obama, cunha antorcha desta firma, emblemática do Deseño Escandinavo.

Os decantadores, ou osixenadores, cumplen a función de introducir certa cantidade de partículas de osíxeno, nos viños, que despois de estares pechados durante moito tempo, precisan antes de ser bebidos. Para aprecia-los seus matices como corresponde á categoría do que se está bebendo.
O modelo Vignon deste deseñador, é ademais antigotexo. Adeus ós decantadores de vidro que ocupan moito, nas nosas mansións de 40 metros cadrados.

Maiormente tomá-la temperatura dun viño , é preciso para ofrece-lo nas mellores condicións posibles ó que o vai consumir, tanto para o tinto como para o branco. Estes termómetros dixitais, son como unha pulseira, que posta na botella, é capaz de indicarnos de xeito preciso, a temperatura do contido.
Resiste ben as caidas e ós meniños.

Os tapóns de baleiro, son un tipo de bomba que extrae da botella o ar, con simples movementos. Esto faise ca finalidade de evitar a oxidación do contido, pechando de xeito hermético o recipiente, ata o seguinte uso.

Moi práctico para quen vive só e non quere inxeri-la botella enteira,o contido aguanta seis días en optimas condicións sen estropearse.
Práctico para evitar que o teu marido diga: ¡¡Total para o que queda, mellor remato a botella!!, e outras respostas inxeniosas que obrigan a ter que disculpá-las faltas de respeto, comentarios e improcedencias alleas.

En U-LA boutique pensamos que beber è imprescindible nos tempos que corren.

Ningún comentario:

Publicar un comentario