10/02/11

Necesidades cubertas.

Nestes días, as folgas xerais continuadas, fan meditar sobre a dependencia dos servizos externos, obrigan a pensar na necesidade de autosuficiencia e incluso no aburrimento, e no tempo de lecer.


Lembramos a toda-las persoas usuarias deste Blog, que a escolma de servizos, mostrada a continuación, está pensada para ocupa-lo tempo, pero tamén fortalece a autoestima, a independencia e axuda a tirar polo chan, vellas cintas que a educación de épocas pretéritas, puidese deixar no noso disco duro.




Este modelo de vibrador, é o Delight de Fun Factory, especialmente deseñado para estimular o punto G. Avisamos que só se xoga ca parte rosa clariña de silicona, o resto é só empuñadura (deixámo-la fóra).

Resulta moi ergonómico, a súa forma lembra un pouco a un cabaliño de mar.

Non precisa de pilas, pois recárgase dentro da súa discreta caixiña de sobremesa.

Calidade alemana.


Dinky Digger de Fun Factory, lembra unha pequena toupa que non ve por onde vai.

Ten regulador de intensidade e ademais é sumerxible, que sempre axuda a cumplir fantasías.

É de tamaño reducido e o relevo do corpo estimula disimuladamente.

Calidade alemana.


We-vibe II. Premio ó xoguete do ano 2008.

Trátase dun pequeno vibrador con dous estimuladores, para non desperdiciar ningunha oportunidade.

Pódese utilizar para estimulá-lo clítoris e mailo punto G, ou outras variantes.

Dispón de varias pulsacións diferentes.


Smartballs de Fun Factory, bolas chinas de silicona, unidas permanentemente; as máis silenciosas do mercado.

Moi recomendadas para mulleres que xa foron nais, e para ir á oficina os días malos.

Calidade alemana.



Pirates Rabbit Stoya LilaPirates Rabbit Katsuni Negro

Rabbit Stoya e Rabbit Katsuni, dous feroces coelliños que farán que tremas.

Pirates, unha marca novísima en España. Teñen moita fantasía e están adornados con pedras de strass de cores, como si dunha bisutería se tratase.

Dispón dun saquiño para garda-lo.

Son tendencia estética, teñen un punto Kawaii, na honda xaponesa que os fai moi atractivos.

Tamaño grande, con estimulador para o clítoris en catro modos diferentes; con tres velocidades e dous modos variables na punta.

En realidade xira e móvese conbinadamente, por todas partes.



Pirates Rocket Riley GrisPirates Rocket Katsuni Azul

Tamén de Pirates, son os modelos de medio tamaño, aspecto retro, recto e ultraliso.

Rocket Riley e Rocket Katsuni; con tres velocidades, soportan a auga e dispoñen dunha bolsa de satén para leva-lo de viaxe e conserva-lo acabado extrasuave.

Por suposto adornos en strass para non perde-lo glamour que caracteriza estos momentos íntimos.



U-LA Boutique pensa en ti e faino por evitarche entrar nunha sex shop.





Ningún comentario:

Publicar un comentario