08/11/11

Terrorismo de merenda e infusión.

¿Que máis se lle pode pedir á vida?
Facer un atentado, tomar unha tila e falar cos compañeiros de traballo en amor e compaña.


Este deseño de teteira inclue un pasamontañas, á medida, para conservar a temperatura mentres falamos e se concentra a valeriana, case sería o típico capuchón térmico inglés, ou neste caso...¿ teríamos que dicir irlandés?.

Deseño de Jackie Piper W2 Products.
Todo unha provocación para estes momentos políticos...¿ Ou será unha inspiración?

ATeteira terrorista, darache para 4 ou 5 tomas.
reláxate e pénsao antes de facer algo do que te arrepintas;
por 30.75€, pódela atopar na nosa páxina.
Descoñecemos os efectos que pode causar este artigo, pois é novidade na nosa boutique.

Non desexamos que esto semelle apoloxía do terrorismo, que cada un perpetre o que precise... unha manzanilla, unha menta ou se quere ser máis british, pois un té, clásico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario