22/11/11

Fráxiles corpos.

Diseccionar un polo é o mesmo que facerllo a un marido, ou eso parece que pensa o deseñador Sebastian Errazuriz.
Este artistísima deseñador Chileno creou para Kikkerland, algo que podería interpretarse mal, en paises onde a violencia doméstica fai tanta pupa.
Pero en realidade invítanos a reflexionar.

A táboa do marido costa 18.50 e pódela comprar na nosa tenda online.

O noso corpiño, derriba dunha mesa, cal se fóramos unha víctima dun asasino múltiple; a fraxilidade da vida e finalmente o paso inexorable do tempo e a importancia de utilizalo ben.

O nome da versión feminina lembra algo bíblico, Cutting Board The Better Half. Supoñemos que o deseñador estaba máis místico ese día.



A táboa da muller, costa 18.50 e pódela comprar na nosa tenda online.

Suponse que se temos esta táboa, ademais de para picar a cebola ou algún chourizo, é para ensinala, pois aprender anatomía faise nas facultades de medicina e nas carnicerías.
Por esa razón traen asa, para colgalas en sitios estratéxicos, pode supoñer ademais unha advertencia para quen se pase.


A súa superficie antideslizante pode lograr que un peixe escorregadizo, non remate no chan, que logo fai moi feo poñerllo os comensais.

Non nos responsabilizamos do uso destes productos,
por parte dos nosos clientes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario