Polo tanto, tamén lle damos máis importancia á posta en escena.
Quedou lonxe esa necesidade de poñe-las tarteiras na mesa, derriba dun trespés de posguerra.
Se queremos luci-la nosa deseñadisima ola, na que invertímo-la extra, podemos contar ca talentosa intelixencia dos deseñadores de Alessi.
Tripod de Gabriele Chiave e Laura Polinoro.
Este modelo que semella un colar, é unha cadea de aceiro inoxidable 18/10, con topes fixos nos extremos. Contén catro "estrelas" que, caigan como caigan sempre quedan na mesma posición: preparadas para soporta-lo peso e a temperatura da tarteira máis pesada.
Ademais adáptase a moitas medidas, concentrando ou separando máis as "estrelas".
Salvamanteis Try it Trivet de Dror Benshetrit .
Outro enxeñoso artefacto é este compoñible, pensadísimo para axustarse a todo tipo de recipientes, dende unha ola pequena ata unha peza de forno alongada.
Os seus compoñentes teñen a particularidade de estar dotados dun imán nos seus extremos sinalados con + e -, dándolles a posibilidade de unirse según as necesidades ou espallarse, para tarteiras familiares, paelleiras , etc.
Salvamanteis Pescher de Donato D'Urbino e Paolo Lomazzi.
Trátase dun Best Seller da firma Italiana, seguramente por práctico, bonito e un pouco clásico.
É extensible , ten unha certa inspiración nun banco de peixes, incluso no seu movemento, que lle permite estirarse máis de 40 Cm. de longo.
Tampouco é de recibo poñe-la botella de aceite, pingando, derriba do noso mantel, limpiño e planchadiño.
Cata aceites Taste Huile de Lorenzo Piccione e Köbi Wiesendanguer.
Podémolo usar para proba-lo aceite con un anaquiño de pan, para os gourmets; ou para presenta-lo aceite, incluso o aliño dun prato.
A forma de aceituna e o pequeno prato de aceiro pulido, con forma de folla de oliveira son moi evocadores.
Medidor de pasta, Voile de Laura Polinoro e Paolo Gerosa.
Para traballar na cociña resulta imprescindible este accesorio en aceiro inoxidable pulido de 18/10, que ainda que semella un brazalete, é un medidor con tres ocos , para 100, 200 ou 300 Gm. a dose de pasta necesaria para 1, 2 ou 3 persoas.
Cocteleira Chiringuito Shaker de Ron Arad.
Para facer un coctail con glamour, colabora con nós o escultor e deseñador industrial Ron Arad, sofisticándonos con este modelo en aceiro inoxidable 18/10, que dispón dun peche hermético, antigotexo.
A forma entorchada do recipiente resulta moi ergonómica e polo seu diámetro é moi cómoda de usar.
Intelixentes e bonitos, obxetos pácticos esquisitamente minimalistas pero tamén decorativos.
U-LA Boutique está contigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario