Durante o mes de Xullo-2010, dedicarèmoslle o espazo do deseñador do mes na nosa Boutique:




È autor das webs oficiais de Bulgari, Chicco e Pioner, entre outras.
A primeiros dos 90, funda o seu estudio Rafz, que hoxe è unha marca rexistrada.
Desde o 2002 deseña mobiliario e obxetos de deseño industrial, presentes en galerìas e centros de arte contemporànea de todo o mundo.
Escribe desde 1999 sobre arte e novas tecnoloxìas en publicaciòns italianas e estranxeiras à vez que colabora para algunhas editoriais nas que realiza a direcciòn artìstica.
Esta peza,Five finger fillet, è unha das mais recentes editada actualmente. Pero pola que se coñece internacionalmente è polo Voodoo, un set de coitelos resultado da participaciòn, do autor, nun certamen de "deseño e boa sorte" en Abril do 2003 durante a Semana do Deseño de Milàn.
Este era o deseño inicial, experimentou algunhas modificaciòns relativas à seguridade e à estètica. Quedando do xeito seguinte, fabrìcase en varias cores pero os mais reclamados son os cromados e os vermellos.
O popular modelo ten aperecido en filmes, TV e revistas de todo tipo polo mundo enteiro. En españa, a Pronto, ensinou fotos do castelo de Elsa Pataky co coiteleiro como romàntico fondo da pose do seu mozo e ela, abrazados. Pero aprece en Sublime-2007, Yes man-2008, Dresses 2008,etc. A sorte, a maxia e a supersticiòn sempre funcionan nas comedias, no deseño tamèn è habitual que o sarcasmo e o còmico triunfen mais dificil o teñen os temas serios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario